O Courel soubo conservar como ningunha zona en Galicia unha paisaxe intacta e unhas poboacións rurais vivas. A pisa da castaña de Froxán, o museo de Xan de Vilar ou a festa dos toxos de Vilamor no interior das cortes son só unha pequena parte do enorme legado de costumes e oficios que aínda perviven nalgún lugar de Galicia, porque si, “habelas, hainas”.
Afastado das grandes capitais, a Serra do Courel, esténdese na provincia de Lugo dende Quiroga a Pedrafita do Cebreiro. Esta última localidade é a máis coñecida da zona por ser a entrada natural do Camiño de Santiago francés e polas súas características “pallozas” con tellados de palla.
[Continuar lendo]Tras moito escoitar falar do Pazo de Oca, animámonos a visitalo unha tarde de domingo.
O pazo está situado na parroquia de Oca, pertencente á Estrada. Na actualidade pertence ao ducado de Medinaceli e está declarado como Ben de Interese Cultural.
[Continuar lendo]O outro día, aproveitando a visita ao Facho , fixemos unha pequena parada na Finca do Frendoal, lugar de esparcemento dos condes de Aldán. Queremos compartir convosco este lugar pola tranquilidade e atmósfera máxica que desprende.
Para chegar á finca temos que desplazarnos a Aldán (Cangas, Pontevedra), na estrada principal podemos atoparnos co pazo e uns viveiros, ao outro lado da estrada, oculta no bosque, está a finca. Podemos acceder a ela pasando o lavadeiro, e a escasos metros unha entrada abandonada á man esquerda. O lugar é de fácil acceso e pode visitarse en pouco tempo.
[Continuar lendo]Queremos comezar este blog cun dos lugares máis coñecidos e de visita obrigada da península do Morrazo: O monte Facho.
Atópase na aldea de Donón, parroquia do Hio (Cangas, Pontevedra), situado na parte máis occidental da península do Morrazo, dende este lugar temos unhas magníficas vistas da Ría de Vigo, do Cabo Home, dos cantís da Costa da Vela e das Illas Cíes e Ons, polo que por semellante emplazamento non é de estrañar que este lugar estivese habitado dende tempos inmemoriais.
[Continuar lendo]