27xan
O pazo de Oca, o Versalles galego

O pazo de Oca, o Versalles galego

Tras moito escoitar falar do Pazo de Oca, animámonos a visitalo unha tarde de domingo.

O pazo está situado na parroquia de Oca, pertencente á Estrada. Na actualidade pertence ao ducado de Medinaceli e está declarado como Ben de Interese Cultural.

Foto: David

O recinto consta de tres partes diferenciadas: O palacio, a capela e os xardís, sendo estes últimos os que visitamos estando pechados tanto o palacio como a capela.

Os xardíns son coñecidos pola súa ámplia variedade de especies, nos que destacan as camelias, buxos centenarios e un paseo de tilos, polo que para disfrutar plenamente dos xardís recomendamos a súa visita en meses de floración (de xaneiro a abril).

Nunha parte privilexiada dos xardís está o encoro, que surte de auga aos xardís e é habitado por parrulos.

Foto: David

No entorno tamén existen hortas, viñedos e plantacións de frutais.

Por se vos animades a visitalo, ten unha entrada de 6€ e está aberto en inverno de 9 a 18.30 e de 9 a 20.30 no verán.

Foto: David