Acerca do sitio Destino.gal

Qué é Destino.gal?

Destino.gal nace coa idea de dar a coñecer todo o relacionado co turismo e o ocio. Dende poder descubrir puntos de interese cultural ou natural, arquitectura, rutas de sendeirismo, praias, etc., hata suxerir ao visitante os mellores lugares onde poder saborear unha suculenta gastronomía ou ir de copas a locais de moda da zona.

Qué beneficios reporta á hostelería e a o resto de sectores?

Axuda ao negocio da hostelería a dar a coñecer os seus servizos ou productos, poñendo á súa disposición unha potente ferramenta que lle permita publicar as súas ofertas ou promocións en cada momento. Isto significa que moita máis xente vai a vir de visita ou a pasar uns días de vacacións, repercutindo económicamente de modo positivo na zona.

E se non contrato ofertas ou promocións?

Poderá dar a coñecer o seu menú diario, as súas especialidades ou os servizos que o fan diferentes do resto, para poñelos en valor e dalos a coñecer á clientela.

É unha simple web de información?

Destino.gal non é a típica “páxina web” turística, se non que é unha ferramenta que permite que, a través de dispositivos móviles, se poida fácilmente difundir información entre os seus clientes e facer que estes poidan localizar un punto determinado, como pode ser o seu negocio, guiándoo a través do GPS do seu móbil.

Podo informar aos meus clientes de promocións ou eventos que realizo?

Ao tratarse dunha aplicación para dispositivos móbiles, poderá informar aos seus clientes das ofertas que realice. Dende unha noite a partir dunha hora, pode poñer as copas a mitade de prezo, hata que tal día ten unha degustación de un bo cordeiro, ou que un fin de semana saca unha oferta de aloxamento con grandes descontos.
Toda esta información apareceralles aos clientes instantáneamente, facendo que estean ao tanto destes eventos e dirixíndoos hata vostede grazas ao sistema de xeo-localización.

Qué utilidade lle podo atopar para empregalo habitualmente?

Supoñamos que teño previsto ir a comer o próximo fin de semana e que quero comer un asado, nun lugar céntrico, e que poida saber o prezo. Empregando o buscador avanzado, podrei localizar os restaurantes que cumpran esas condicións.
Ou supoñamos tamén que pretenda buscar un aloxamento de 3 estrelas, que estea nunha zona determinada, que teña aire acondicionado, parking, xogos para nenos, etc. Empregando o buscador avanzado podo filtrar por todo tipo de información.

Máis vantaxes

  • Ao estar plasmados sobre un mapa os diversos puntos de interese clasificados por categorías, é moi fácil localizalos e saber cómo chegar hata eles.
  • Moi fácil de empregar. Non é necesario ter coñecementos de informática para empregala.
  • Os clientes poden facer valoracións do bo servizo recibido e axudando así a que outros potenciales clientes poidan visitaro o seu negocio.
  • Outra das ventaxes é a de formar parte dunha rede de establecementos da zona, que o farán máis popular e visible.

Situación que soe ocurrir: Cantas veces se atopou un de viaxe e non atopa sitio ónde poder durmir porque os hoteis están cheos. O máis común é preguntar nunha cafetería ou bar por se saben de algún que poida ter dispoñibilidade.
Xeralmente o que soen facer (se se atopa un con xente amable) é que che poidan indicar acerca dun ou máis aloxamentos para que “vaias a ver” se teñen habitacións.
Coa nosa rede social, o camareiro soamente tería que enviar unha pregunta pola rede, e calqueira aloxamento que forme parte da mesma xa lle podería responder, conseguindo desta maneira un servizo inmediato a un cliente, coa satisfacción de solucionarlle o problema, e conseguir que quede satisfeito.