22xul
7 razóns para facer o Camiño de Santiago este verán

7 razóns para facer o Camiño de Santiago este verán

O verán é unha das épocas do ano máis propicias e con maior afluencia de peregrinos do Camiño de Santiago. Se non tiveches contacto con esta fantástica experiencia que conxuga deporte, esforzo, compañeirismo e espiritualidade, achegámosche un puñado de bos motivos polos que facer o Camiño de Santiago pode ser o mellor plan destas vacacións.

7 motivos para animarche a facer o Camiño de Santiago

1. Ver paisaxes incribles: Sexa cal fose a ruta do Camiño de Santiago elixida (Camiño Francés, Portugués, Inglés, Vía da Prata, o do Norte ou o Primitivo) terás a posibilidade de contemplar enclaves marabillosos, atravesar pobos emblemáticos e sacar impresionantes fotografías. A variedade é unha constante, xa que atravesarás zonas costeiras con mar, outras montañosas, bosques e puntos urbanos.

2. Atoparche a ti mesmo: Pasarse camiñando de cinco a oito horas diarias durante días ou semanas logrará que desconectes plenamente da rutina, esquézasche por completo da tensión e poidas meditar e reflexionar sobre os teus plans futuros e as cousas que realmente che importan. Ademais, poñerás a proba a túa vontade e poderás alimentar a túa autoestima grazas á autosuperación.

3. Poñerte en forma: Deberás ter unha boa alimentación previa e adestramento para poder superar as duras probas e obstáculos que atoparás no camiño. Durante a túa andaina, realizarás moito deporte e lograrás mellorar o teu rendemento físico, fortalecer a túa musculatura e superar as túas marcas.

4. Empaparche de cultura: Non en balde, o Camiño foi declarado o primeiro itinerario cultural de Europa. Atoparás centos de edificios e monumentos artísticos, ademais de coñecer o folclore local, a gastronomía das comarcas ou as curiosidades propias de cada tramo.

5. Crear vínculos de amizade: Especialmente se fas un longo percorrido e camiñas a un ritmo medio, compartirás as túas experiencias no Camiño de Santiago con novas amizades, persoas que se cruzan na túa andaina e das que te poderás levar fabulosos recordos, anécdotas e mesmo, aprendizaxe de idiomas.

6. Abrir a túa mente: Non importa que vaias só ou acompañado, fagas o Camiño de Santiago por motivos culturais, relixiosos, espirituais ou deportivos. Coñecerás a persoas procedentes de lugares moi distintos que conseguirán enriquecer a túa mentalidade e achegarche novas ideas e recordos.

7. Gañar a Compostela e a Credencial: Se demostras que percorriches a pé os últimos 100 km antes de chegar a Santiago -200 km se un vai a cabalo ou en bicicleta-, faste coa Compostela. A credencial constitúe un bonito recordo de selos de todos os lugares e albergues que pernoitaches e/ou visitado.