28dec
4 razóns para vivir o Nadal en Galicia

4 razóns para vivir o Nadal en Galicia

Achégase a época invernal na que despedimos ao ano, brindamos con champaña, lanzamos desexos ao ceo despois de tragar moitas uvas, poñémonos as botas con exquisitos pratos, decoramos o fogar e compartimos momentos entrañables cos nosos seres queridos.
Trátase do Nadal, unha data marcada pola maioría da xente no calendario. Espérannos días de trafego, de estómagos cheos, de bailes e risas, cabalgatas e agasallos baixo a árbore, turróns e cava, reencontros e enchentes, nocturnidade e viaxes. Hoxe queremos contarche algúns motivos polos que non existe mellor lugar na face da terra para pasar o Nadal que a nosa terra, Galicia.

4 motivos polos que Galicia é o mellor lugar para pasar o Nadal

1. Gastronomía de luxo para chuparse os dedos: É un segredo a voces que non atoparás viandas para a túa cea de Noiteboa ou a túa comida de Nadal máis deliciosas que na terra e a costa galega. En case comida do Nadal realizada en Galicia hai un prato de marisco na mesa da mellor calidade: ameixas á mariñeira procedentes de Carril, salpicón, percebes, nécoras, camaróns, lagostinos, bueyes de mar ou vieiras recubertas nunha salsa deliciosa son algúns dos máis socorridos. O bacallau con repolo é outro dos pratos estrela e entre as carnes do Nadal, despuntan as de curral como o pavo ao forno ou o pito con patacas. 

2. E as sobremesas caseiras máis deliciosos!: Os galegos somos golosos, como o é nosa ancestral tradición culinaria transmitida xeración tras xeración. Por iso, o Nadal saben moi doces tendo nas nosas mesas as tradicionais filloas, o esponjoso roscón de reis, os turróns duros e brandos, os brazos de xitano, o mousse de castañas ou a torta de Santiago. Nunca falta un bo licor café ou licor de herbas para facer a dixestión. 

3. Beléns e mercados artesanais: O belén de Begonte en Lugo, o de Valga en Vigo, o xigante de Viveiro -considerado este ano o mellor de Galicia-, o de Conxo en Santiago ou o da Orde Terceira en Ferrol son ideais para visitar con nenos, admirar a súa calidade artesanal e sacar fotografías que inmortalicen o momento. Ademais, case todas as cidades e pobos contan con mercadillos de Nadal tanto de produtos artesanais como gastronómicos que merece a pena visitar. 

4. As paisaxes máis fermosas: Se che gusta explorar lugares novos, es un intrépido fotógrafo ou che gusta facer sendeirismo, podes aproveitar os días secos e fríos do Nadal para descubrir as zonas máis fermosas de Galicia, con todo a cor que o outono deixou nos bosques e o encanto deserto das súas praias. Segundo a cidade ou pobo no que esteas, poderás desprazarche a descubrir marabillas como a Praia das Catedrais, as fermosas Fragas do Eume, a Fervenza do Ézaro, as Cíes, Combarro, ou unha infinidade de monumentos e enclaves de cada unha das súas provincias. Galicia é máxica no inverno, e nestas datas tes a oportunidade de descubrila. 

Que opinas ti do Nadal en Galicia?