22dec
Curiosidades sobre o marisco galego

Curiosidades sobre o marisco galego

¿Arrincas páxinas do calendario desexando que cheguen o Nadal para zamparte unha deliciosa nécora? ¿A gran paixón do teu padal recae sobre un prato de percebes? ¿O paraíso para ti é un bo puñado de camaróns acompañados dunha copa de viño branco? 
Case todos os gourmets e turistas gastronómicos teñen o marisco galego como un dos produtos máis pracenteiros e exclusivos para degustar, pero, ¿coñeces algunhas das principais curiosidades ao redor del? Neste artigo queremos revelarche unas cantas.

5 cousas+1 que non sabías do marisco galego

  • As ameixas, as máis vellas do lugar: Algunhas especies deste delicioso molusco -cuxa receita máis famosa en Galicia é a súa preparación á mariñeira-, poden vivir, nin máis nin menos, que 200 anos. 
  • Os valores ancestrais da vieira: Este marisco é emblemático da nosa terra galega ao  representar a peregrinaxe do Camiño de Santiago, pero ademais, en moitas culturas correspóndese coa rexeneración, o nacemento, a boa sorte e a fertilidade. En concreto, a galega ten unha cor máis intensa que a francesa, ademais de bordos ondulados.
  • A habilidade camaleónica da centola: A centola é, probablemente, o marisco galego por excelencia, e un dos que presenta un custo máis elevado. A especie patria deste animal caracterízase por ter o caparazón cuberto por algas e esponxas, co fin de esconderse dos seus posibles depredadores. Ademais, a centola galega mide preto de 20 centímetros, mentres que noutras zonas do mundo como Xapón chegan a alcanzar o espectacular tamaño de 60 centímetros.
  • A curiosa lenda do percebe: Ata a Idade Moderna, circulaba o mito de que certas especies de gansos eran unha metamorfose dos percebes, polo que algunhas persoas comíanos paa  esa razón era unha das formas de burlar o xaxún de carne na Coresma, cando só se podían comer mariscos e peixes. Do perigo da súa captura, non fai falta falar, xa que é dabondo coñecida, xa que só se reproduce en cantiis con forte ondada.
  • Temos o marisco máis caro do mundo!: Talvez pensases en percebes ou ameixas de Carril, pero o título de marisco máis caro do planeta osténtao o abalón, tamén denominado orella do mar. Este molusco criado nas granxas das Rías Baixas é unha especie de caracol de mar dunha soa cuncha e que en liberdade atópase adherido ás rocas mariñas, sendo cangrexos e estrelas de mar os seus depredadores máis relevantes. En Asía é un dos manxares máis cotizados.
  • O mexillón galego manda en España: Co 95% en volume e ingresos, en 2015 das 271.000 toneladas vendidas o ano pasado no país, algo máis de 264.000 saíron das rías galegas, xerando máis de 112 millóns de euros. Pode afirmarse que o 97% da produción española deste molusco sae de Galicia, mentres que a facturación representa o 93% do total.

¿E para ti, cal é o teu marisco galego favorito?