Adega Valdés é o reflexo da vocación e do traballo da familia Valdés. Propietaria desde hai máis de 30 anos de vinte hectáreas de viñedos á beira do río Ulla, no corazón de Galicia.
No ano 2001, coa ampliación da Denominación de Orixe Rías Baixas a esa zona, fúndase a actual Adega que aúna tradición familiar coas máis vangardistas técnicas de elaboración vitivinícola.
Dos viñedos orixinais e das novas cepas nace cada ano o albariño Gundián, un viño que participa nos principais certames do sector e recibiu premios en concursos como o Challenge International du Vin de Bordeus, o International Wine Challenge de Londres ou a Cata-Concurso Albariño Rías Baixas.
Cada mes de setembro iníciase a vendima, na que mans expertas recollen os acios que se trasladan á zona de recepción da adega. A uva sométese a diversos procesos ata chegar ás cubas de aceiro inoxidable, onde o seu mosto fermentará a unha temperatura constante de 18 graos. Combinando os máis innovadores sistemas de elaboración e a sabedoría de anos de profesión, obtéñense finalmente os nosos viños e licores.