30set
Que facer no outono en Pontevedra

Que facer no outono en Pontevedra

Pontevedra, como sinalamos en múltiples ocasións, trátase dunha cidade moi viva e cunha completa oferta cultural, gastronómica e de lecer. Por iso, saír de copas pola súa atarefada zona de bares, gozar dunhas tapas no seu fermoso centro histórico ou acudir a un evento da súa axenda lúdica son plans moi zumentos para calquera fin de semana de outono.

A continuación, destacamos algunhas das propostas máis destacadas das próximas semanas para que vaias facendo oco no calendario.

Plans recomendables para este outono en Pontevedra

1. Unha boa dose de humor: Podes acudir proximamente a monólogos de ilustres do xénero cómico en directo, como Quique San Francisco o 15 de outubro, o gran imitador Carlos Latre o 11 de novembro ou o televisivo Berto Romero o 15 de novembro. Tamén podes acudir a unha das Noites de Retranca en Pontevedra, con Luís Iglesia e Touriñán, que neste caso terán lugar o 8 de outubro.

2. Para amantes das pezas teatrais é recomendable acudir ao Summun Teatro, que presentará catro espectáculos de recoñecido prestixio espaciados entre o 22 de outubro e o 26 de novembro no Auditiorio do Pazo da Cultura. Tamén destaca a representación con Concha Velasco de protagonista de Reina Juana o 22 do próximo mes.

3. Os máis cinéfilos están de parabéns este outono, xa que durante os días 24, 25 e 26 de outubro a Festa do cinema 2016 chega á cidade do Lérez cunha ampla proposta en carteleira e entradas polo módico prezo de 2,90 euros.

4. A música tamén ten o seu espazo nesta estación, xa que pasarán por Pontevedra artistas de renome internacional como Coti, Los Secretos, Delorean ou De Pedro. Propostas variadas para os amantes da música pop, o indie electrónico ou a canción de autor.

5. Pasear e coñecer os recunchos da cidade, transitar as prazas embelecidas pola beleza otoñal, degustar unhas tapas e tomar uns viños en agradable compañía un venres ou sábado pola noite é unha actividade que non podemos deixar de recomendarche se queres levarche un pedazo de Pontevedra no corazón.