"Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto", reza un popular refrán. En Galicia, isto séguese estritamente, constituíndo unha das festividades máis entrañables e destacadas de todo o ano e xunto co Samaín, a máis importante do período outonal.
Se adoras este período do ano en que as follas caen e tinguen os bosques de cores, estás a desexar sacar as bufandas e éntrache fame con só o aroma das castañas quentes, o magosto é unha gran oportunidade para gozar xunto aos teus amigos.
Nas súas orixes, o magosto era unha celebración festiva en torno ao lume e ás castañas asadas coa que os galegos honraban as colleitas.
As noites frías de principios de novembro convidaban a compartir contos e lendas antigas en torno á calor do lume, polo que algunhas cuadrillas comezaron a facelo ao aire libre, contando historias e cancións entre castañas, chourizos asados, viño tinto novo e queimada final con esconxuro incluído, como símbolo de vida e purificación.
A emblemática tradición sobreviviu gozando de boa saúde ata os nosos días, alcanzando o seu cumio na provincia de Ourense, A cidade acolle o día 11 de Novembro, a festividade de San Martiño. Este evento popular foi declarado de Interese Turístico en Galicia e combina actuacións musicais cun popular magosto pola tarde con degustación de bolos preñados, castañas e viño.
É habitual que en cada pobo e tamén en pequenos barrios se celebren magostos entre os últimos días de outubro e a segunda quincena de novembro. Se es dos que gozan cun bo cucurucho de castañas asadas, unha charla cos teus seres máis queridos, comida caseira e un vaso de viño, esta xenuína festividade converterase nunha data sinalada no calendario.
Outros magostos aos que podes acudir son os seguintes: