31out
Claves para gozar dun furancho

Claves para gozar dun furancho

Se viaxaches nalgunha ocasión a Galicia, xa tiveches o pracer de visitar un furancho? Se este termo non che soa non podes perder ocasión de ter unha experiencia nestes lugares inesquecibles da xeografía galaica onde se dan cita a hospitalidade da xente, exquisita comida, bo viño e a natureza.

Os furanchos son casas particulares, cunha estancia -en moitas ocasións, un garaxe ou adega- especialmente habilitada a modo de comedor para que os visitantes poidan degustar o viño propio da leira, acompañándoo con pratos e viandas típicos da rexión, entre os que destacan a tortilla con ovos caseiros, a empanada, carne ó caldeiro, zorza, chourizo ou unha variedade de queixos.

Brindámosche diversos motivos para acudir a un destes clásicos recunchos.

Razóns para acudir a un furancho

1. Beberás un inesquecible viño de elaboración propia na mesma adega, con todo o encanto e a maxia do momento que supón. Esta bebida é a especialidade dos furanchos, ideal para gozar xunto á túa familia ou os teus amigos.

2. A calidade da comida caseira sempre é subliñada por todos os comensais que visitan un furancho para degustar unha copiosa comida ou unha cea exquisita ao abrigo da contorna rural. Así, poderás probar algúns dos produtos e pratos galegos máis ricos, por un prezo económico e nun marco caseiro, moito máis cálido e familiar que un restaurante.

3. A natureza que rodea os furanchos é espectacular -a maior parte deste tipo de lugares atópase na zona das Rías Baixas-, polo que poderás pasear para admirar os tesouros naturais, sacar fotografías e vivir en primeira persoa o magnetismo das súas paraxes.

4. Terás ocasión de coñecer aos donos do furancho, conversar con eles, ter unha marabillosa experiencia e levarte un recordo memorable, non unicamente gastronómico, da túa visita a terras galegas. É un equivalente para irse de tapas de modo máis barato, e cun toque máis familiar, salpicado por bebida e comida de calidade.