A provincia de Pontevedra é un espazo de enorme beleza, diversidade ambiental e etnográfica, repleto de paraxes feitizantes e construcións arquitectónicas inesquecibles. Neste artigo pretendemos repasar brevemente unha recompilación de lugares incribles que forman parte do patrimonio da provincia e que deberías pisar na túa próxima viaxe.
1. As Illas Cíes: Probablemente, á vangarda da beleza galega e unha das paisaxes máis fermosas do planeta. Este arquipélago de inusitada beleza, areais brancos e augas azuis fai as delicias de fotógrafos e aventureiros.
2. O Monte de Santa Tecla: Próximo á localidade da Guarda, as súas marabillosas vistas permiten ver a desembocadura do río Miño e a fronteira con Portugal, ademais de gozar do seu castro celta, o máis grande de Galicia e en excelente estado de conservación.
3. Combarro: Visitar este pobo empedrado declarado conxunto histórico, artístico e pintoresco en 1972, é viaxar ao século XVII da man dos seus múltiples e típicos cruceiros, casas mariñeiras e os máis 60 hórreos que caracterizan o seu encanto.
4. Illas Ons: Integradas dentro do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, destacan pola súa variada fauna, os seus belos cantiis e as súas augas transparentes.
5. Fervenza do río Toxa: Trátase dunha das caídas de auga máis elevadas e impresionantes de Galicia, situada no municipio de Silleda e circundada por unha contorna boscosa máxica.
6. Zona vella de Pontevedra: A cidade do Lérez pode presumir de contar cun dos centros históricos máis fermosos e mellor coidados da Comunidade Autónoma, desbordante en prazas, igrexas románicas e edificios singulares, empapados dunha axitada vida social, unha completa programación cultural e unha espléndida gastronomía.
7. Cabo Home: Situado no extremo occidental da península do Morrazo, Cabo Home é unha paisaxe costeira impactante, con cortantes cantiis que en cuxa caída definen a coñecida como Costa da Vela. Desde alí poderás contemplar un dos mellores atardeceres galegos e contemplar a paisaxe marítima salpicada de faros e augas cristalinas.