Como se informa nos datos técnicos, este sendeiro, pola dificultade que comporta, a proximidade á Vila de Silleda e a distancia curta, 1 km, pódese considerar un paseo pola historia válido para tódalas idades. Silleda é moi afortunada ao dispoñer desta primitiva aldea a carón das súas casas.
O deseño do paseo aproveitou o antigo camiño que ía dende Silleda ás parroquias próximas de Escuadro e Rellas arrodeando o castro en toda a súa dimensión ata voltar ao punto de inicio. Nel poderase disfrutar das sombras das árbores autóctonas, das mesas dispostas para o descanso e de toda a información que se ofrece ao longo do percorrisdo con mesas informativas, sobre a construción e disposición das casas, as lendas, a flora e fauna do lugar.
Punto de saída:
Praza da igrexa de Silleda
Punto de Chegada:
Os Castros de Toiriz
Tempo:
15 min. aproximadamente.
Distancia a percorrer:
Dende a igrexa: 400 mts.
Percorrido circular do castro: 600 mts.
Grado de dificultade:
Baixo
Fuente: www.turismosilleda.es