Como obra arquitectónica do románico de transición a un gótico serodio, constitúe un dos monumentos máis característicos da arte medieval galega, influenciado polas manifestacións artísticas compostelanas, en concreto polo estilo que o Mestre Mateo desenvolveu na catedral de Santiago.
A súa xestación comezaría nos primeiros anos do S. X, ano 936, na propiedade dun ermitán chamado Egica, mercada polos fundadores do cenobio, Dona Tareixa Eiriz e Don Gonzalo Betote, condes de Deza. É no ano 939, finalizada a obra, cando se elixe ao presbítero Félix como primeiro abade da comunidade, e se consagra o convento coa presenza da propia condesa, do seu sobriño San Rosende e do bispo de Lugo, Don Ero, quedando a partir desta data baixo a protección real de Ramiro I de Léon.
O Padre Yepes fai referencia á fundación do Mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro e aos seus fundadores, Condes Don Gonzalo e Dona Tareixa, nos seguintes termos:
“Fue San Lorenzo de Carboeiro en tiempos pasados abadía, edificada en la era 974 por el Conde Don Gonzalo y por la Condesa Doña Teresa, como consta por carta de dotación, fecha la sobredicha era, que viene a ser el año de Cristo 936. Está fundado este Monasterio en tierra de Deza, ribera del rio llamado también Deza, que es en el obispado de Lugo. En aquel lugar hubo antiguamente una ermita que poseyó un hombre llamado Egica, y alrededor tenía algunas granjerías; todas se las compró el Conde Don Gonzalo y comenzó a fundar el Monasterio de San Lorenzo”
ESPLENDOR E DECADENCIA:
O Abade Fernando
Os S. XII e XIII son os de máis esplendor. Carboeiro é no ano 1131, baixo a dirección do abade Froila, unha abadía importante con grandes propiedades, poder e influencia.
O abade Fernando, dende 1162 ata 1192, ampliou a igrexa. Nesta etapa o Mosteiro pertencía xa á orde de “Cluny”, e durante longo período mantén unha rica facenda. Durante o S. XVI, os preitos, a deixadez e mala administración, levan á comunidade á ruina, e xa no 1500 por orde dos Reis Católicos, relégase á categoría de priorato, como granxa de San Martiño Pinario de Santiago, prolongándose o seu esmorecemento, incluso pasando como cárcere construída para monxes no ano 1794, e xa ata 1836, co abandono total do mesmo, coincidindo coa desamortización de Mendizábal.
Mosteiro de Carboeiro

Coñécense varias inscricións do Mosteiro. Moitas desapareceron. Na cripta hai a seguinte:
ERA MCCVIIII KALENDAS IY / Corresponde ao 1 de xuño de 1171.
Xa no interior da igrexa, no muro meridional, á dereita, colocada á altura da vista, aparerece a incrición fundacional.
O mesmo Abade fai referencia a unha inscrición dunha lousa sepulcral, hoxe desaparecida.
A tradución dos entendidos reza así:
“En este túmulo yace el venerable Abad Fernando. Los reyes, los magnates, los próceres y poderosos del reino son testigos de la pureza de sus costumbres y lo aclaman bienaventurado. Fue ilustre, magnánimo y siempre amigo de la probidad.
Goce en paz Fernando en la morada del cielo.
El 13 de febrero de 1192."
Na fachada principal, ao lado dereito, hai outra inscrición moi deteriorada.
A súa lectura é:
ERA DOMINI MILLESIMA TRECENTESIMA SEXAGESIMA / É decir: Ano 1360.
Por outra banda, e a modo de curiosidade, as marcas de canteiro son moi abundantes e moi variadas en Carboeiro: hai pes, pes invertidos, bes, círculos cruzados por unha raia, efes, etc.
Situación:
Está localizado na parroquia de Santa María de Carboeiro á beira do río Deza, aproveitando un meandro do propio río e ao abeiro do Couto Costoia, nunha abrupta pero fermosísima paraxe, no territorio que se deu en chamar “Trasdeza” ao seren vista polos cartógrafos lucenses, ao outro lado do Deza.
Curiosidades
Segundo conta o P. Yepes, a principios do S. XVIII, en Carboeiro "Se veneró una espina de la corona del señor que estaba en una pieza de cristal muy bien labrada, de hechura de una cuchilla de lanza”. Esta fora roubada polo ano 1550.
No ano 1965, filmouse unha película titulada Cotolay, o carboeiro compostelán que a comezos do S.XII axudou a San Francisco de Asís a fundar en Santiago o seu primeiro convento en Galicia. No ano 1973 serviu de fondo para Flor de Santidad de Valle Inclán, con dirección de Adofo Marsillach. Máis recentemente, tén sido estudo de gravación de cinema para películas tan interesantes como: La Ley de la Frontera (1995) de Adolfo Aristarain, Quart (2006), basada na obra de Arturo Pérez Reverte “Piel del Tambor”, Reliquias (2011) serie da TVG e Piratas (2011) de TV5, e plató habitual de actores de gran fama como Sancho Gracia, Agustín González, Aitana Sánchez Gijón, Achero Mañas, Luis Tosar ou mesmo Charlton Heston que no ano 1999 estivo no Mosteiro rodando unha mini serie sobre o Camiño de Santiago para Antena 3.
Coñece o Mosteiro
Para achegar ao público en xeral o valor do Mosteiro de Carboeiro, a Asociación Socio Cultural de Silleda, Adellís, iniciou un proxecto no que se ofrecen visitas guiadas, previo pago, con completas explicacións sobre esta importante mostra da arquitectura medieval de Galicia. Esta actividade foi financiado con fondos europeos a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER.
Esta iniciativa, ademais de defender o patrimonio cultural, permite aos participantes trasladarse ata a Idade Media para coñecer como se construíu esta importante edificación, descubrindo ademais como era a vida diaria dos monxes do mosteiro.
Horario/Prezos
De martes a domingo (festivos incluídos): de 12.00 a 14.30 e de 15.30 a 18.00 h
Luns: pechado
Entrada Simple 1€
Entrada Reducida 0,70€
Fonte: www.turismosilleda.es