Festa da rosquilla - SILLEDA

Lugar: Campo da Festa.
Localidade: Abades
Data: domingo de Pascua.
Mes: abril
Antigüidade: 1ª edición 1988
Coordenadas: X: 557.107 Y: 4.733.622   H: 29

Importancia: Trátase dunha festa de exaltación do produto reposteiro por excelencia nas romerías tradicionais galegas e que no Concello se coñece como “Melindre”. Hai testemuñas escritas da elaboración deste postre no S. XIX  ao ser premiadas en diferentes concursos e  exposicións rexionais (1880 e 1909), o que da idea da antigüidade que pode ter na súa elaboración artesanal e que tivo unha gran representante en Cándida Tábora.

Actos: Romaría popular con misa solemne, procesión e ofrenda de rosquillas. Concurso e poxa.

Organización: Como non podía ser menos, esta golosina atopou a súa avogada na Virxe do Carme do Santuario de  Abades,  a onde o domingo de Pascua acoden os romeiros e as amas da casa a facerlle a ofrenda dos “bolos” de melindres para sacar en procesión.

Rematados os actos relixiosos, os bolos (pequenas bandexas de 50 rosquillas con presentacións moi  vistosas), son expostos a concurso onde se lles outorgan premios ao sabor e á presentación. Logo son poxados no campo da festa e o recaudado vai para cubrir gastos. Como anécdota, dicir que algún bolo foi adxudicado en 210 € (edición do 2008).


Fuente: turismosilleda.es