O Museo Etnográfico “Casa do Patrón” conta con un espazo natural á beira do río Asneiro,
con área recreativa, onde podes pasar un rato agradable á sombra da rica e variada flora, e ó
mesmo tempo tomar o sol ou disfrutar dunha comida en familia ou con amigos nas mesas de
madeira e pedra.
O entorno deste complexo localízase, a través do coto pesqueiro, outra opción de ocio do mundo
rural. A época de pesca comeza a mediados de marzo e prolóngase ata mediados de agosto, sendo as
especies con certo grado de importancia a troita, o escalo e a anguila.
Un espazo bio-saudable con dous muíños de auga, “Muiño da Ponte” e “Muiño Entre Ríos”
totalmente restaurados e funcionando que fan as delicias dos nosos visitantes ao poder velos en füncionamento.
Fuente: turismo.gal