Dispón de varias áreas de lecer situadas en diversos puntos da carballeira.
Conta cun parque infantil para o desfrute dos máis pequenos, un parque biosaudable para os maiores e un merendeiro.
Na zona máis próxima a Rolda Norte, atopamos unha serie de esculturas realizadas en pedra polo escultor César Portela onde destaca a "Mesa parrroquial" que mide 33 m de lonxitude e 3,5 m de ancho, ten forma elíptica e está rodeada de bancos tamén de pedra.
Outra das esculturas que atopamos na carballeira do Rodo é a coñecida como "A Fonte" onde podemos ver unha figura feminina de bronce apoiada nunha tarima cúbica cebtrada nun pequeno estanque bordeado por un banco de pedra e o Pavillón da Auga, composto por cun cubo de pedra rodeado por 4 esculturas de formas fantásticas.
Fuente: turismo.gal