Camiño de Santiago (Vía da Prata)
A coñecida como Vía da Prata, no tramo galego, habería que chamala realmente, Camiño do Sueste ou Mozárabe, ao ser unha prolongación da calzada romana chamada así, Vía da Prata, que unía Emerita Augusta (Mérida) con Asturica Augusta (Astorga), cruzando de sur a norte o oeste peninsular. Esta vía trazouse na Era Cristiá tirando proveito de camiños máis antigos como corresponde ao espíritu práctico dos romanos.
Na Alta Idade Media esta ruta mantívose viva, primeiro na época visigoda e logo baixo a dominación islámica. O termo Vía da Prata, deriva precisamente do sentido etimolóxico orixinal árabe ´Bal´atta´ co que os musulmáns designaron aquela ancha vía pública empedrada e de sólido trazado que se encamiñaba cara ao norte cristián. A denominación Vía da Prata non fai referencia, xa que logo, a nada que teña que ver coa explotación ou comercio do metal precioso.
Na Baixa Idade Media, foi recristianizada polos mozárabes andalusís, que peregrinaron a Santiago con maiores facilidades tras a conquista de Sevilla e Córdoba por Fernando III. A partir de 1250 foi utilizado polos peregrinos de Andalucía e Extremadura. Uns seguían ata Astorga, enlazando co Camiño Francés e outros tomaban a desviación de Puebla de Sanabria-A Gudiña-Laza/Verín-Ourense- Cea-Dozón- Silleda-A Bandeira-Ponte Ulla-Santiago, de aí que hai quen lle chame Camiño Sanabrés.
Abandonamos Prado no Concello de Lalín, por un tramo de estrada, antiga N-525, e dirixímonos ao río Deza, que da nome á comarca, por unha preciosa senda entre árbores autóctonas dende a que divisamos unha ponte do XIX e o viaduto do tren que une Zamora con Santiago. Xusto neste enclave de pontes atópase a Estación de Ferrocarril de Taboada. Logo atravesamos o río por unha belísima ponte medieval, denominada ponte Taboada, construída no lugar doutra anterior feita de táboas, e chamada “pons tabulata", nome este que deu bautismo a esta paraxe e a súa parroquia. Da antigüidade desta construción civil tan emblemática, da fe unha curiosa inscrición gravada nunha pena próxima que reza así, “laboraberunt ista pontem era DCCCL fuit perfecta pridie kalendas aprilis” e que indica que foi construída no ano 912. Neste tramo, con calzada empedrada primitiva, existe unha sinxela fonte, chamada de fontiñas, de auga potable, e atopamos cunchas de vieira reais sinalizando o camiño. Achámonos agora no termo municipal de Silleda.
Nota: Antes da poboación de Prado, de onde procedemos, no lugar de A Laxe, existe un albergue inaugurado o 13 de xaneiro de 2004 con 30 prazas, pertencente ao Concello de Lalín.
Ao cruzar o río Deza pola ponte medieval de Taboada entramos no Concello de Silleda.
Distancia do tramo ao seu paso polo Concello: 19 km. aproximadamente.
Dificultade:
Media.
PRADO
Abandonamos Prado no Concello de Lalín, por un tramo de estrada, antiga N-525, e dirixímonos ao río Deza, que da nome á comarca, por unha preciosa senda entre árbores autóctonas dende a que divisamos unha ponte do XIX e o viaduto do tren que une Zamora con Santiago. Xusto neste enclave de pontes atópase a Estación de Ferrocarril de Taboada. Logo atravesamos o río por unha belísima ponte medieval, denominada ponte Taboada, construída no lugar doutra anterior feita de táboas, e chamada “pons tabulata", nome este que deu bautismo a esta paraxe e a súa parroquia. Da antigüidade desta construción civil tan emblemática, da fe unha curiosa inscrición gravada nunha pena próxima que reza así, “laboraberunt ista pontem era DCCCL fuit perfecta pridie kalendas aprilis” e que indica que foi construída no ano 912. Neste tramo, con calzada empedrada primitiva, existe unha sinxela fonte, chamada de fontiñas, de auga potable, e atopamos cunchas de vieira reais sinalizando o camiño. Achámonos agora no termo municipal de Silleda.
Nota: Antes da poboación de Prado, de onde procedemos, no lugar de A Laxe, existe un albergue inaugurado o 13 de xaneiro de 2004 con 30 prazas, pertencente ao Concello de Lalín.
Ao cruzar o río Deza pola ponte medieval de Taboada entramos no Concello de Silleda.
TABOADA
Saímos á estrada N-525 de novo, para visitar un fermoso conxunto formado por un cruceiro singular polo seu fuste romboidal acanalado sobre pedestal, un sarcófago antropoide e a bela igrexa (S.XII moi reformada) da parroquia de Taboada, onde se venera ao seu patrón Santiago e cuxas mostras se atopan no retablo do interior da igrexa e na área do atrio cun monumento ao apóstolo. Conta a lenda que é tradición que o peregrino debe golpear coa cabeza a porta principal. Feito isto, espéranos a área de descanso que ten un monumento moi interesante, dedicado ao peregrino anónimo, obra do Concello de Silleda, con deseño do pintor da localidade, Francisco Alén, todo ao pé dunha fonte de auga fresca que se agradece. Dende a área de descanso e retrocedendo uns metros, chito 44,327 km, subimos por un camiño ancho coñecido na zona polo camiño real que nos conducirá, primeiro ao parque empresarial Área 33 da Vila de Silleda que para calquera necesidade conta coa Base de Protección Civil, incluso o selado da compostela, e posteriormente a unha das carballeiras de carballos moi aliñados e centenarios, paraíso micolóxico, máis fermosas de todo o camiño por Galicia. É a Carballeira do Pazo de Trasfontao, solar palaciano do S. XVIII que conta con pombal, capela blasonada e curioso reloxo de sol con varias caras orientadas. Deixamos o pazo e o seu fermoso entorno de casas da época e despois de pasar un tramo de calzada antiga e outras carballeiras, chégase a Silleda, capital do municipio do mesmo nome. Dende a área de descanso, tamén se pode coller a estrada N-525, pero perderiámonos un dos tramos máis agradables para o recordo e fermosos de todo o Camiño da Prata.
Asistencia
En A Laxe (Bendoiro) Albergue. 30 Prazas.
Tlfno.: 658 038 042
Parque de Bombeiros.
Tlfno.: 986 581 400
Protección Civil. Parque Empresarial Área 33.
Tlfno.: 660 663 145 / 660 664 809
(Concello de Silleda a 8 km. do albergue)
SILLEDA
Entramos nesta vila, capital do termo municipal do mesmo nome, de 2.500 habitantes, con todo tipo de servizos, famosa por contar cun importante recinto feiral que celebra exposicións de carácter internacional e polas súas afamadas sobremesas chamadas melindres (rosquillas). Recíbenos ofrecéndonos, para un pequeno descanso, un acolledor parque da igrexa con cómodos bancos baixo unha preciosa pérgola que remata nunha vistosa fonte onde encher a cantimplora.
Despois de pasar por diante da Casa Consistorial, edificio nobre con ampla balconada e campanario do S. XIX, onde poderemos obter calquera tipo de información e selar a credencial, á saída do pobo continuamos polo camiño que se desvía á esquerda e que transcorre polas aldeas de Foxo de Deza, antiga capital municipal, cunha rúa medieval flanqueada por fermosas construcións históricas do S.XVIII-IX, Margaride e Chapa, ata chegar ao pobo de A Bandeira.
No lugar de Chapa gozaremos dunha paisaxe moi suxestiva, pasando por outra ponte medieval, do S. X. Pouco antes aconsellamos un descanso nunha área de recreo coñecida como “O Muíño de Covián”. Unha vez superado outro paso elevado sobre a autoestrada que vai a Santiago, nos dirigiremos directamente e sin demora, ata a localidade da Bandeira, segundo núcleo en importancia do concello.
Asistencia
Albergue de A Bandeira, situado na Rúa de Louráz (36 plazas)
Tlfno.: 670 50 23 56.
Concello: 986 580 000. En Silleda no propio Camiño.
Protección Civil: 660 663 145. Camiño.
Parque Empresarial. 24 horas.
Centro de Saúde:
(a 100 metros. Tlfno.: 986 580 230. 24 horas.)
Garda Civil: 986 580 071.
Igrexa: 986 580 032. Situada no propio Camiño.
Servizo de Taxis: 986 580 172. No chito 40,772 km.
(No Camiño).
Para Peregrinacións a Cabalo: o Recinto Feiral, coñecido como Semana Verde de Galicia, situado en Silleda (tlfno.: 986 580 050), dispón de boxes perfectamente equipados para poder facer noite.
PRÓXIMO ALBERGUE:
a 24 km de Silleda e a 17 km de A Bandeira.
Lugar: Outeiro - San Pedro de Vilanova, Concello de Vedra (A Coruña)
Capacidade: 32 Prazas.
Teléfono: 669 450 803
Inaugurado en xuño de 2004
Distancia: a 16 km de Santiago.
Non se admiten reservas.
A BANDEIRA
A Bandeira é outra das poboacións do Concello de Silleda que, por historia e tradición, sempre da acubillo ao peregrino e dispón de todo tipo de servizos para ese mester. Son famosos os seus mercados que se celebran os días 14 e 29 de cada mes e sobre todo a Festa da Empanada (mes de agosto), que está declarada Festa de Interese Gastronómico.
D. José Espiño Matos, o párroco desta localidade, un gran estudoso do Camiño con publicacións, atende con moita amabilidade a todas as demandas de atención.
Saímos de A Bandeira por estrada e de seguido xiramos á dereita, xusto cando nos quedan 33 km. para chegar á Porta Santa, para tomar un camiño que discorre entre campos de cultivo. Pasamos por Vilariño, Piñeiro e máis tarde por San Martín de Dornelas, que ten unha fermosa igrexa románica cunha ábsida circular, que nos da testemuña da súa antigüidade. Case aos seus pés, unha fonte axudaranos a recobrar forzas.
Agora a paisaxe comeza a cambiar de tonalidades e no chito 26,762 km deixamos este pintoresco e acolledor Concello para entrar no de A Estrada. Aquí os prados, piñeirais e carballeiras dan paso aos eucaliptos ata que se chega a San Miguel de Castro con exuberantes hortensias formando sebes e onde podemos deternos uns momentos na ermida de Santiago. Unha forte baixada por pista asfaltada lévanos ata a ermida de Gundián, no medio dun espléndido prado con fonte, que invita a descansar. Quedan uns tres quilómetros ata Ponte Ulla por pista asfaltada, a onde nos acercamos pola ponte antiga.
Asistencia
Refuxio en Polideportivo.
Tlfno.: 986 58 00 00 / 669 599 777 / 660 663 145
Centro de Saúde.
986 585 706. Próximo ao Camiño.
Casa Parroquial.
Tlfno.: 986 585 336. En A Bandeira, no Camiño.
Centro Cultural Vista Alegre.
Á saída de A Bandeira. No Camiño.
Servizo de Taxis: 986 585 466. No Camiño.
Fuente: www.turismosilleda.es