4mar
Paseos que inspiran: Illa das Esculturas

Paseos que inspiran: Illa das Esculturas

Encántame camiñar para pensar... que os pés decidan onde ir, para que a cabeza poida pensar no que necesite. E os pés deciden moitas veces ir ata a Illa das Esculturas e arredores.

E non é casual que repita, pois a illa é unha das zonas máis fermosas e tranquilas da cidade e, por riba, ten moi bo acceso. A antes chamada Illa do Cobo, é en si mesma unha xunqueira de máis de 6 hectáreas de gran interese natural e paisaxístico (declarada como Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) e incluída na Rede Natura 2000), que a finais do século XX foi transformada en parque e museo ó aire libre..

Illa das Esculturas: Recta principal Illa das Esculturas: Cisne Illa das Esculturas: Pasarela Universidad Illa das Esculturas: Aves volando
A illa sitúase a uns 400 metros do núcleo urbano de Pontevedra, subindo pola marxe esquerda do río Lérez, xusto tras pasar a Ponte dos Tirantes e pegada á zona universitaria. Si se ven de fóra de Pontevedra, case sempre se pode aparcar moi preto e de balde, tanto na Avda. de Buenos Aires (na outra marxe do río) como nos exteriores do Pazo da Cultura.
Foto: Santi

Para acceder contamos con varias pasarelas e pontes, sendo a máis espectacular de todas unha ponte peonil colgante, a cal permite que pasemos á outra marxe do río, onde podemos conectar coa Senda do Lérez (ruta duns 12 quilómetros que vai pegada a ambas marxes do río Lérez, desde a Ponte dos Tirantes ata o encoro de Bora).

Illa das Esculturas: Puente de los Tirantes Illa das Esculturas: Pasarela colgante

Como museo, a Illa das Esculturas expón de forma permanente e gratuíta obras dunha ducia de artistas de recoñecemento internacional, as cales teñen o granito, a pedra galega por excelencia, como nexo entre elas e o contorno.

Como non son un afeccionado ás esculturas, vou deixar que outros con máis criterio fagan unha valoración en profundidade das obras, por exemplo a que fan na web do Pazo da Cultura. En calquera caso, aínda que pagán na materia, non me resisto a indicar as que máis me gustan :)

Illa das Esculturas: Los 36 Justos de Fernando Casás

"Los 36 justos" de Fernando Casás, basada en una leyenda que cuenta como el mundo mantiene su equilibrio gracias a 36 personas que viven discretamente entre el resto. Aquí podéis ver un detalle de uno de los Justos.

Illa das Esculturas: Pyramid de Dan Graham

"Pyramid" de Dan Graham, por su geometría.

Illa das Esculturas: Bancos de Piedra de Jenny Holzer

"Bancos de Piedra" de Jenny Holzer, que incitan a pararse, pensar y meditar.

Como parque e zona de recreo conta co Parque da Familia, situado entre a illa e o complexo universitario. Este parque infantil ten multitude de xogos para os máis pequenos, mentres que os adultos dispoñemos dun quiosco-cafetería desde onde vixiar ós peques mentres nos tomamos algo.

Foto: Santi

Por suposto dispón de múltiples carreiros para pasear e facer deporte, que conforman tres circuítos de entre 1 e 1,8 km., polo que é fácil ver a moita xente correndo ou paseando en bici. Pero o contorno é tan agradable que non nos quedamos só en terra, senón que é moi habitual ver a deportistas practicando piragüismo nas augas Lérez.

Illa das Esculturas: Hito circuito Illa das Esculturas: Pasarela colgante

De entre as actividades e eventos que tamén acolle o lugar podemos destacar o Surfing the Lerez Festival que todos os anos lle pon ritmos alternativos á cidade.

Illa das Esculturas: Eucaliptos Illa das Esculturas: Saavedra de Francisco Leiro Illa das Esculturas: Una Folie de Anne & Patrick Poirier

Vamos, unha visita obrigada para os que se estean de visita pola cidade, e por suposto, zona habitual para tantos pontevedreses que gocen deste marabilloso espazo a diario :)

Foto: Santi