8xul
Coñeces estas 5 bebidas típicas galegas?

Coñeces estas 5 bebidas típicas galegas?

Se vas a pasar por Galicia este veran, o teu padal agradeceracho. Ademáis dos seu fermosos paisaxes verdes, costas salvaxes e gastronomía caseira para gourmets, as bebidas típicas galegas son outro dos principais atractivos das nosas terras. Neste artigo queremos destacar cinco delas que non puedes deixar de catar nestes lares.

5 bebidas típicas de Galicia

1. Ao rico viño!: Galicia é famosa pola calidade do seus viños dende tempos inmemoriais, xa que en época do Imperio romano estas bebidas exportábanse a Roma para as celebracións imperiais. Os máis destacados son os exquisitos brancos afroitados como o Albariño -un acompañamento ideal para os mariscos- e os seus frescos tintos de moderada maduración.

Foto: Óscar (xindilo) url

2. Augardente: Nas mesas galegas nunca falta un bo chupito de licor de herbas caseiro para pechar a dixestión e brindar cos seres queridos. Trátase dunha bebida de alta graduación, obtida a partir da uva da que se extraiu o mosto para facer o viño. En moitos fogares tómase incorporado co café e os tres máis coñecidos son o branco ou transparente, e o xa citado de herbas e os tostados.

3. Queimada: A popular queimada é a bebida máis xenuina e máxica das terras galegas, con unha longa tradición e simbolismo ás súas costas e propia de numerosos festexos. Está composta dunha mezcla de augardente branco, azucre en proporción 1/10 co augardente, froitas -laranxa, mazá e uvas pasas ata plátano e pexegos, segundo o gusto que se lle queira dar, tanto en cru como en zume, aínda que os puristas non admiten máis que cortiza de limón en cantidade escasa-, e grans de café. Para a súa preparación énchese o cucharón de augardente e préndeselle lume, incorporándoo ardendo ao recipiente para que prenda a mestura. Tamén é clásico recitar un “conxuro contra o meigallo” en presenza das chamas.

Foto: Dani Vázquez url

4. A nosa cervexa: A nosa rica cervexa, agora de expansión internacional e con moitos premios e distincións. Elabóranse distintas cervexas na nosa comunidade, tanto en modo industrial como de modo artesanal, pero todas elas exquisitas. Probaas ben fresquiñas na túa terraza preferida, á beira do mar ou nun dos múltiples locais que salpican a xeografía de Pontevedra.

5. Licor café: Esta bebida doce e forte é derivada do aguardiante e segundo a súa preparación, ten diferentes texturas e sabores, primando o gusto do seu creador. O máis habitual é que non conteña máis bebida alcohólica que o augardente, no cal se depositan grans de café, azucre e canela, á que se engade monda de laranxa e anís. Déixase macerar por un mínimo de 6 meses para que o licor absorba o maior sabor posible e bébese frío en chupito ou copa. Aínda non o probaches?

Foto: Nacho Pintos url

Agora só che queda viaxar a Galicia e probar estas deliciosas bebidas típicas para escoller a túa favorita.