Área Recreativa "O Abeseiro" - VILA DE CRUCES

Área recreativa encravada dentro da Rede Natura 2000, nos Sobreirais do Arnego, nun fermoso entorno natural con distintas especies arbóreas e arbustivas.

Dispón dunha praia fluvial, no río Arnego.

A zona está habilitada para poder comer alí, con mesas e barbacoas.