Área recreativa encravada dentro da Rede Natura 2000, nun fermoso entorno natural con distintas especies arbóreas e arbustivas.
Dispón dunha praia fluvial, no río Deza, de piscina, de parque infantil e parque biosaudable.
A zona está habilitada para poder comer alí, con mesas e barbacoas, e conta con dous “chiringuitos” que ofrecen a posibilidade de tomar algo ou comer.
Conta tamén cunha área destinada para autocaravanas.
Toda a zona dispón de rede wifi de acceso gratuíto a internet.