A Bandeira - SILLEDA

A Bandeira é outra das poboacións do Concello de Silleda que, por historia e tradición, sempre da acubillo ao peregrino e dispón de todo tipo de servizos para ese mester. Son famosos os seus mercados que se celebran os días 14 e 29 de cada mes e sobre todo a Festa da Empanada (mes de agosto), que está declarada Festa de Interese Gastronómico.

D. José Espiño Matos, o párroco desta localidade, un gran estudoso do Camiño con publicacións, atende con moita amabilidade a todas as demandas de atención.

Saímos de A Bandeira por estrada e de seguido xiramos á dereita, xusto cando nos quedan 33 km. para chegar á Porta Santa, para tomar un camiño que discorre entre campos de cultivo. Pasamos por Vilariño, Piñeiro e máis tarde por San Martín de Dornelas, que ten unha fermosa igrexa románica cunha ábsida circular, que nos da testemuña da súa antigüidade. Case aos seus pés, unha fonte axudaranos a recobrar forzas.

Agora a paisaxe comeza a cambiar de tonalidades e no chito 26,762 km  deixamos este pintoresco e acolledor Concello para entrar no de A Estrada. Aquí os prados, piñeirais e carballeiras dan paso aos eucaliptos ata que se chega a San Miguel de Castro con exuberantes hortensias formando sebes e onde podemos deternos uns momentos na ermida de Santiago. Unha forte baixada por pista asfaltada lévanos ata a ermida de Gundián, no medio dun espléndido prado con fonte, que invita a descansar. Quedan uns tres quilómetros ata Ponte Ulla por pista asfaltada, a onde nos acercamos pola ponte antiga.
 

Asistencia

Refuxio en Polideportivo.
Tlfno.: 986 58 00 00 / 669 599 777 / 660 663 145 (Normas de uso)

Centro de Saúde.
986 585 706. Próximo ao Camiño.

Casa Parroquial.
Tlfno.: 986 585 336. En A Bandeira, no Camiño.


Centro Cultural Vista Alegre.
Á saída de A Bandeira. No Camiño.


Servizo de Taxis: 986 585 466. No Camiño.

Para Comer

Restaurante Victorino.
No Camiño.

Bodegón Zaus. No Camiño.

Próximos: Bar Arume.  Bar Bernabé.

Hostal Conde Rey
Tlfno.: 986 58 58 61
  

Para Durmir

Hotel Victorino.
Tlfno.: 986 585 330. No Camiño.

Hostal Conde Rey.
Tlfno.: 986 58 58 61 No Camiño
.


Fuente: turismosilleda.es