Curso de Break Dance en Silleda

O Concello de Silleda, dende a Concellería de Xuventude, adheriuse en meses pasados ao programa de dinamización xuvenil “DepoRúARTE” da Deputación de Pontevedra, que ten por finalidade levar a cabo actividades educativas e de lecer que atendan as demandas do colectivo xuvenil.

Mediante este programa, o concello oferta un curso intensivo gratuíto de Break Dance dirixido a mozos e mozas de entre 14 e 30 anos empadroados no municipio.

Os interesados poderán inscribirse ata o vindeiro 20 de agosto na Casa da Xuventude. Existe un mínimo de 20 inscritos para a actividade, de non acadalos, o curso non se levaría a cabo.

As datas para a realización do curso serán entre o 5 de setembro e o 10 de outubro, de 20:00 e as 22:00 horas, no Pavillón Municipal César González Fares de Silleda.


Fecha: 5/09/2016 20:00 - 10/10/2016 22:00