Mouriscade - LALIN

A área recreativa de Mouriscade conta con un amplo espazo para diferentes actividades. está situado nun entorno rural cunha gran beleza paisaxística. Neste entorno podemos encontrar desde un albergue xuvenil ata un club hípico. Existe unha área de recreo pegada ao albergue, a cal conta con un merendeiro á beira do río Asneiro. Unha ruta cabalar e un sendeiro circular percorren este entorno de lecer.