Mirador de San Sebastián [Brañas de Xestoso] - SILLEDA
Valoración: 5

O Monte de San Sebastián está situado ao poñente do concello de Silleda, nas parroquias de Moalde e Xestoso, lindando cos concellos de Forcarei e A Estrada.

Este espazo natural ten unha superficie total de 1.077 Ha. cunhas altitudes ao redor do 700 m. sobre o nivel do mar, sendo o punto máis alto o Couto de S. Sebastián de Moalde. Inclúe como puntos máis destacables a Ermida de S. Sebastián e a Lagoa Sacra, lugar que combina natureza e biodiversidade, unha das masas de auga de inverno máis interesantes dos humidais galegos.

Lugar de Importancia Comunitaria (LIC). Zona de especial protección dos valores que atesoura, a causa do alto interese das comunidades que conserva, participando do proxecto europeo da Rede Europea 2000. Ten un valor científico incalculable ao ser un verdadeiro rexistro do pasado.

As vistas e paisaxes son certamente fermosos e relaxantes. Desde o punto máis alto pode divisarse Santiago, A Estrada e todo o Val de Trasdeza, o que supón unha parte moi importante das Comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.