Illas de Gres - VILA DE CRUCES

Área recreativa encravada nun conxunto de illas dentro do Río Ulla, nun fermoso entorno natural con distintas especies arbóreas e arbustivas.
Conta con fermosas vistas á ponte medieval de Ponteledesma, que une a provincia de Pontevedra coa de A Coruña.

É posible o baño no Río Ulla e dispón de parque infantil.

A zona está habilitada para poder comer alí, con mesas e barbacoas. Existen establecementos de hostalería fóra da área, pero a carón da mesma, a 50 m.

Recurso turístico de interior, polo que o acceso é por terra. É posible chegar a pé ata as mesmas illas, en coche ata a ponte de acceso ás illas e en autobús ata 50 metros de distancia das mesmas.

A zona é totalmente accesible para persoas con minusvalía a tres illas. Ó resto das illas só se pode acceder a través de pasos de pedras no río.