Xan Veiga "Que anos aqueles..." en Rodeiro

O Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do humorista Xan Veiga o vindeiro venres 29 de xullo ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Que anos aqueles…”, un monólogo “Made in Galicia” no que nos embarcaremos nunha viaxe ao pasado para lembrar as desventuras dun galego calquera que nos traerá á memoria un bo feixe de costumes, ditos, xogos, cantigas e outras lerias que nos farán matinar no moito que cambiaron as cousas dende aquela… do moito que cambiaron ou non.

Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2016, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.


Fecha: 29/07/2016 20:00 - 29/07/2016 22:00