Arte estudio teatro presenta “feirantes”. Programa cultura no camiño 2016 - RODEIRO

 Concello de Rodeiro organiza unha nova actividade cultural a cargo do grupo de teatro Arte Estudio Teatro o vindeiro venres 5 de agosto ás 20:00 horas no Centro Cultural Municipal. Presenta o seu espectáculo “Feirantes”, que nos achega historias da tradición oral galega partindo do texto “Outros Feirantes” de Álvaro Cunqueiro, mantendo as historias e trocando o xeito de achegalas. As formas de comunicar, de contar, de facer humor están mudando e tomando outros camiños e o que intentan é que a nosa tradición non se alonxe dos máis novos e se mesture con estas novas formas que tanto atraen aos xóvenes. En definitiva que os mozos e mozas gocen escoitando os nosos contos máis tradicionais.

Esta actividade forma parte do Programa Cultura no camiño 2016, organizado polo Concello de Rodeiro e a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.


Fecha: 5/08/2016 00:00 - 5/08/2016 00:00